Miranda asiste á presentación do novo proxecto do músico Juan Carlos Cambas, "El Viaje", no Museo do Pobo Galego

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021.- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, no Museo do Pobo Galego, a presentación do novo proxecto do músico galego retornado de Arxentina, Juan Carlos Cambas. Na presentación tamén estivo presente a cónsul da República de Arxentina en Vigo, Silvana Montenegro, así como o director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vilar Álvarez.

O novo proxecto de Juan Carlos Cambas está composto por 18 cancións dedicadas aos galegos que emigraron nalgún momento a Latinoamérica, e dos que decidiron regresar a Galicia. Os temas contan con importantes colaboracións de artistas españoles e arxentinos.
 

Imaxes relacionadas