A Xunta entrega un vehículo eléctrico para labores ambientais á Policía Local de Tui

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá concellos que recibiu un este vehículo solicitado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

O Goberno galego leva destinados preto de 300.000 euros ao concello de Tui a través de diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o concello de Tui que recibiu un vehículo eléctrico para o corpo da policía local destinado a labores ambientais. Contou cunha axuda duns 32.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo indicou Natalia Prieto, tal e como reflicte a solicitude feita polo concello a adquisición do vehículo ten como obxectivo a intervención en tarefas preventivas de protección ambiental e espazos naturais, intervencións e xestión de situación de risco ou sinistro, recollidas de mostras en casos de residuos e verteduras, actuacións relacionadas coa aplicación da Lei de prevención de incendios forestais e defensa contra os incendios forestais de Galicia nas faixas secundarias.

Desta maneira, este tipo de vehículo é facilmente accesible en camiños rurais das 12 parroquias do municipio, e minimiza as emisións de efecto invernadoiro da flota de vehículos municipais, o que ten especial relevancia ao tratarse dun municipio integrado na Rede Natura 2000. A Xunta leva investidos nos últimos anos no concello arredor de 300.000 euros no concello de Tui a través das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia.

Esta actuación é un dos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destina 11 millóns de euros na convocatoria deste ano. No marco deste fondo, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Imaxes relacionadas