A Xunta destaca a contribución das empresas do grupo Rodman á consolidación do naval galego

Moaña (Pontevedra), 15 de abril de 2021

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, asistiu esta mañá ao acto de recepción do patrulleiro Cóndor por parte da Agencia Tributaria. Trátase dunha embarcación concibida para realizar labores de vixilancia marítima e que conta cun novidoso sistema de estabilizadores que reducirá o balanceo e cabeceo do buque.

A Xunta de Galicia pon en valor a contribución do grupo Rodman ao naval galego a través das súas empresas destacando no eido da construción de buques offshore e da reparación. Neste sentido, o Goberno autonómico mantén o seu compromiso co impulso e consolidación deste sector estratéxico para a economía galega.
 

Imaxes relacionadas