O 061 de Galicia asistiu a 40 persoas por 30 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 43 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 12 de abril de 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 40 persoas debido a 30 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 9 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 11 de abril. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 13 sinistros.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 43 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 30 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 40 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 63% e do 37% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 40,5% dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a máis sinistros rexistrou con 12 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
9
Lugo
8
Ourense
1
Pontevedra
12
Galicia
30


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 39. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 32 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous accidentes. As ambulancias convencionais atenderon en dúas ocasións.

En 32 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

Imaxes relacionadas