A Xunta sinala que a vida activa e o deporte permiten que as persoas con discapacidade gañen en autoestima e autonomía

Pantón (Lugo), 10 de abril de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participou esta mañá na inauguración da viseximocuarta edición dos Xogos Autonómicos Special Olympics na categoría de campo a través e petanca, que tiveron lugar no campo de fútbol O Baliño, en Pantón. Alí destacou que a vida activa e o deporte permiten que as persoas con discapacidade gañen en autoestima e en autonomía.

Fernando González Abeijón sinalou que estas iniciativas permiten achegar as vantaxes do deporte ás persoas con discapacidade. Unha oportunidade para facer amizades, socializar e tamén para mellorar as súas condicións físicas e mentais. O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade agradeceu, así mesmo, ás entidades sociais a súa implicación e apuntou que o Goberno galego sempre estará ao seu carón apoiando actividades e programas coma este.
 

Imaxes relacionadas