Fernández-Tapias anuncia a inclusión da Escola Ateneo Musical de Bembrive de Vigo no Rexistro Galego de Escolas de Música e Danza

A delegada territorial da Xunta mantivo hoxe un encontro con representantes da S.C.D.R. Helios de Bembrive e membros da xunta directiva do Ateneo Musical

Vigo, 8 de abril de 2021

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou hoxe a inclusión da Escola Ateneo Musical de Bembrive de Vigo no Rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

A representante autonómica trasladouse hoxe ata a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, onde o Ateneo Musical ten a súa sede, para informar a súa xunta directiva da inclusión da Asociación neste rexistro. Unha visita na que Fernández-Tapias tivo oportunidade de coñecer as súas instalacións da man do seu presidente, Ramón Rodríguez Orge, e un dos seus vocais, Enrique Comesaña.

Asemade, a delegada reuniuse co presidente da sociedade Helios de Bembrive, José Carlos Riveiro, ao que felicitou pola súa recente reelección, e supervisar a entrega do material adquirido coa axuda da Xunta de Galicia para mellorar a instalación de son do auditorio.
 

Imaxes relacionadas