Lete Lasa recibe á directiva da Real Federación Española de Hóckey e destaca o bo nivel dos equipos de Galicia

Destaca que o hóckey galego non deixa de medrar como demostra que en xaneiro de 2022 celebrarase en Ourense o Campionato de Europa de Hóckey Sala Feminino

Santiago, 6 de abril de 2021

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu hoxe na sede da Escola Galega de Administración Pública á xunta directiva da Real Federación Española de Hóckey, encabezada polo seu presidente, Santiago Deó. No encontro de traballo tamén participou unha delegación da Federación Galega de Hóckey.

O secretario xeral destacou o bo momento que está a atravesar o hóckey galego tanto a nivel de clubs, co gran papel que están a desenvolver os equipos de Galicia nas diferentes divisións, así como a nivel organizativo tras acoller a cidade de Ourense o Campionato de España de Hóckey Sala e o Campionato de España de Hóckey Herba Seleccións Autonómicas Masculino e Feminino sub 14, cun excelente resultado.

Do mesmo xeito, Lete Lasa destacou que o hóckey galego non deixa de medrar como demostra que en xaneiro de 2022 celebrarase tamén en Ourense o Campionato de Europa de Hóckey Sala Feminino.

Imaxes relacionadas