Fabiola García anima ás escolas infantís a apostar pola tecnoloxía para complementar a aprendizaxe dos máis pequenos

A Estrada, (Pontevedra), 5 de abril de 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, animou ás escolas infantís a apostar pola tecnoloxía para complementar a aprendizaxe dos máis pequenos durante unha visita á escola infantil Elfos, na Estrada, na que estivo acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López. Alí puido coñecer a Dumy, un robot social e educativo que adquiriu o centro para reproducir música, aprender idiomas e ler contos aos nenos.

O Goberno galego apoiou esta iniciativa a través da orde de axudas para mellorar as infraestruturas e o equipamento das escolas infantís de iniciativa social que o ano pasado repartiu máis de 400.000 euros entre diferentes centros. A conselleira lembrou que ademais destas axudas, Galicia converteuse en pioneira no eido educativo por medidas como a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos e a creación de casas niño.

Imaxes relacionadas