Medio Ambiente licita por case 100.000 euros as obras de rehabilitación da estrada de Salto do Cabalo a Moialde, en Vilardevós

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2021-

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitou por case 100.000 euros as obras de rehabilitación da estradas Salto do Cabalo a Moialde, no concello de Vilardevós.

Esta actuación ten por obxecto mellorar os equipamento urbanos, xa que teñen un papel fundamental como elemento dinamizador de desenvolvemento social e cultural, ao tempo que se colabora cos concellos a sufragar o importe que estas actuacións demandan e para as cales, en ocasións, non teñen a capacidade económica necesaria.

As entidades interesadas en presentarse a este contrato de obra pública dispoñen ata o vindeiro 7 de abril para presentar a súa oferta, que terá un prazo de execución de tres meses.

A Consellería de Medio Ambiente aposta desde hai varios anos por este tipo de colaboracións para apoiar aos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas de humanización orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas.