Extinguido o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 299,85 hectáreas, das cales 105 foron arboradas e 194,85 de monte raso

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, quedou extinguido.

Este incendio comezou ás 23,43 h. do mércores e quedou extinguido ás 18,30 h. desta tarde. Neste lume foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva, aínda que arestora xa está desactivada ao non haber perigo para núcleos de poboación. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 299,85 hectáreas, das cales 105 foron arboradas e 194,85 de monte raso. No lugar traballaron 1 técnico, 11 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural