A Consellería de Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 horas de hoxe

Estabilizado o lume rexistrado no concello de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, que afecta a unhas 280 hectáreas

Extinguidos os lumes de Monforte de Lemos (38 hectáreas), Cerdedo-Cotobade (52,5 hectáreas) e Rodeiro (126 hectáreas)
 

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

ESTABILIZADO

Folgoso do Courel
Estabilizado ás 18,49 h. o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos, tras comezar ás 23,43 h. da pasada noite. Neste lume foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva, aínda que arestora xa está desactivada ao non haber perigo para núcleos de poboación. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 280 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 4 avións.


EXTINGUIDOS

Monforte de Lemos
Extinguido ás 18,45 h. o lume rexistrado no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle, tras comezar onte ás 13,53 h. Tras a última medición, a superficie afectada foi de 38 hectáreas, das cales 30 foron arboradas e 8 de monte raso. Na súa extinción participaron 1 técnico, 6 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 4 avións.

Cerdedo-Cotobade
Extinguido ás 19,35 h. o lume rexistrado no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de San Xurxo de Sacos tras comezar ás 23,56 h. da pasada noite. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 52,3 hectáreas, das cales 49 foron arboradas e 3,5 de monte raso. Na súa extinción participaron 7 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Rodeiro
Extinguido ás 16,59 h. o lume rexistrado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Pedroso, tras comezar ás 23,40 h. da pasada noite. Segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 126 hectáreas, das cales 120 foron de monte raso e 6 arboradas. No lugar traballaron 1 técnico, 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085

Departamento:
C. do Medio Rural