Controlado o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 280 hectáreas

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2021

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Meiraos.

Este incendio comezou ás 23,43 h. da pasada noite e quedou controlado ás 20,05 h. desta tarde. Neste lume foi preciso activar a Situación 2 como medida preventiva, aínda que arestora xa está desactivada ao non haber perigo para núcleos de poboación. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 280 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural