Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle

Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 30 hectáreas

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Marcelle, está estabilizado.

O lume iniciouse ás 13,53 h. deste mediodía e quedou estabilizado ás 19,28 h. desta tarde. Segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Doutra banda, xa está reparado o avión de carga en terra que sufrira un rebentón nunha roda mentres se dispoñía a respostar auga na base de Doade, durante as tarefas de extinción.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural