Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 17,43 hectáreas de monte raso en Galicia

O incendio iniciouse en tres focos diferentes e afectou tamén territorio zamorano

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, quedou extinguido ás 17,42 h. desta tarde.

O lume -que comezara en tres focos e afectou tamén territorio zamorano- iniciárase ás 9,35 h. desta mañá. Na parte galega, finalmente afectou unha superficie de 17,43 hectáreas, todas elas de monte raso. Na súa extinción traballaron un total de 2 axentes, 4 brigadas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.