A Xunta destaca a implicación de Afaga na atención a persoas con alzheimer e as súas familias

Salceda de Caselas, (Pontevedra), 29 de marzo de 2021

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta mañá o novo centro de día que a Asociación de Familias de Persoas con Alzheimer de Galicia (Afaga) inaugurou en Salceda de Caselas. Alí destacou a implicación que esta entidade amosa día a día na atención das persoas con esta demencia e as súas familias.

O director xeral sinalou que a Xunta oferta máis de 300 prazas públicas nos centros de día que xestionan as asociacións que forman parte desta federación, cun investimento de preto de 2,5 millóns de euros anuais. Así mesmo, tamén se financian programas de formación de persoas coidadoras, e servizos e actividades que desenvolve a entidade.

Imaxes relacionadas