Controlado o incendio forestal no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane

Segundo novas medicións, o lume afecta 28,5 hectáreas, das cales 22 son de monte raso e 6,5 de arborado

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa e que o lume rexistrado no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia de Seoane, xa está controlado.

O lume orixinouse ás 21,15 h. da pasada noite e quedou controlado ás 10,42 h. desta mañá. Segundo novas estimacións afecta unha superficie de 28,5 hectáreas, das cales 22 son de monte raso e 6,5 de arborado. Na súa extinción participan 3 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento:
C. do Medio Rural