O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, respondeu a unha pregunta oral na Comisión 5ª do Parlamento

Política Social mantivo as valoracións de discapacidade durante a pandemia provocada pola covid-19

Atendendo ás recomendacións sanitarias e para garantir a seguridade das persoas implicadas, realízanse preferentemente de xeito telemático

Se é necesario, e cumprindo os protocolos de prevención, efectúanse valoracións presenciais

Santiago de Compostela, 25 de marzo

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe, durante na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, que a Xunta de Galicia mantivo as valoracións a persoas con discapacidade durante a pandemia provocada pola covid-19.

Antón Acevedo incidiu en que o Goberno galego mantivo en todo momento as citas presenciais de valoración, aínda que debido á situación sanitaria derivada da pandemia provocada pola covid-19, se intenta resolver, na medida do posible, a valoración da discapacidade sen o desprazamento das persoas máis vulnerables que se someten a recoñecemento.

Así, nos últimos meses estanse a empregar as citas telefónicas, as telemáticas e a solicitude de información complementaria como vías para ampliar a información que forma parte do expediente. No caso de que non sexa posible determinar o grao de discapacidade da persoa que o solicita a través destes medios, realízase unha valoración presencial de xeito prioritario.

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria salientou que, malia estas circunstancias particulares, para a Xunta de Galicia “a presencialidade achega un valor importante” nos procesos de valoración de discapacidade, polo que adiantou que a previsión é retomar “a normalidade dentro do posible”. Antón Acevedo fixo fincapé en que “como noutros hábitos da vida, a nosa intención é seguir recuperando os procedementos con todas as medidas de seguridade, para facelo da forma máis áxil e segura”.

Neste senso, o director xeral de Atención Integral Sociosanitaria explicou que no 2020, a pesar dos meses de confinamento, o número de expedientes resoltos, o 37% foron de xeito telemático e os 63% restantes de maneira presencial.

Imaxes relacionadas