Activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta arredor de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo.

O lume iniciouse ás 12,11 h. deste mediodía e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. No seu control traballan 2 axentes, 7 brigadas e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural