Extinguido o incendio forestal rexistrado esta madrugada no concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 19,8 hectáreas, das cales 0,3 son de monte arborado e 19,5 de monte raso

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio rexistrado no concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas, xa está extinguido.

O lume orixinouse ás 05,30 h. desta madrugada e quedou extinguido ás 13,17 h. da mañá. Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 19,8 hectáreas, das cales 0,3 son de monte arborado e 19,5 de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 3 brigadas e 4 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.