Controlado un incendio forestal rexistrado esta madrugada no Concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas

Segundo as primeiras medicións, o lume afecta unhas 20 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio controlado no concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas.

O lume orixinouse ás 05,30 h. desta madrugada e quedou controlado ás 10,11 h. da mañá. Segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas. Na súa extinción participan 5 axentes, 3 brigadas e 4 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.