O comité clínico recomenda manter o nivel máximo de restricións nos concellos de Beade e Maside

Establece o nivel alto para os municipios de Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona

Os termos municipais de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón quedan enmarcados no nivel medio de restricións

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida esta tarde, que os concellos de Beade e Maside teñan que cumprir o nivel máximo de restricións.

Ademais, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en sete concellos galegos, concretamente en Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón.

Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.

Imaxes relacionadas