Fernández-Tapias destaca a importante labor solidario e de loita contra os trastornos aditivos da asociación Alborada

A delegada territorial asegura que a Xunta seguirá apoiando ás entidades sociais que tecen a rede de benestar e prestan apoio aos que máis o precisan

Vigo, 23 de marzo de 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou hoxe o importante labor solidaria e de loita contra os trastornos aditivos da Asociación Ciudadana de Loita contra a Droga, Alborada, onde reiterou o compromiso da Xunta coas entidades sociais que tecen a rede de benestar e prestar apoio aos que máis o precisan.

Durante unha visita ao centro que esta asociación xestiona na rúa Isaac Peral a representante autonómica tivo a oportunidade de coñecer ao detalle a actividade que diariamente desenvolve esta entidade tanto de asistencia, como de prevención e atención al menor, atendendo a criterios, guías e procedementos establecidos polo Sergas. A Consellería de Sanidade destina anualmente máis de 1,4 millóns destinados a financiar o 90% da actividade deste centro.

Neste contexto, a delegada puxo en valor a necesaria colaboración entre as administracións e estas entidades de carácter social que ofrecen unha inestimable atención integral aos pacientes, neste caso con trastornos aditivos, e as súas familias. Por todo isto, agradeceu a Alborada a súa implicación coa sociedade viguesa referíndose a esta entidade como “un axente imprescindible para unha política social real e efectiva”.

 

Imaxes relacionadas