Miranda interésase pola situación dos galegos de Venezuela nun encontro cos vicecónsul honorarios de Valencia e Barquisimeto

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, interesouse hoxe pola situación dos galegos de Venezuela nesta época de pandemia mundial nun encontro mantido na sede da Secretaría cos viceconsul honorarios de Valencia e Barquisimeto, Roberto Carlos Freire Esaa e Daría González Barandela.

Durante este encontro analizouse a situación económica que lastra a calidade de vida dos galegos en Venezuela, agravada pola crise sanitaria da Covid-19. Tamén se valorou neste senso, moi positivamente, a labor desenvolvida pola Xunta de Galicia que en 2020 destinou máis de 2,7 millóns de euros a través das distintas ordes de axudas deste departamento a galegos de Venezuela, tanto a entidades como a persoas individuais, así como aos emigrantes retornados deste país en Galicia, véndose en total beneficiadas máis de 4.000 familias.

Imaxes relacionadas