Feijóo aborda co alcalde de Quintela de Leirado a evolución dos proxectos de maior interese para o concello

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez Cortes, a evolución dos proxectos de maior interese para o Concello.

Durante a reunión, analizaron o proxecto para a humanización, melloras bioclimáticas e aproveitamento dos recursos hídricos de San Pedro de Leirado. Neste senso, Feijóo informou ao alcalde das axudas da Xunta para actuacións urbanísticas 2021-2022. Máis en concreto, trasladoulle a posibilidade de optar ás axudas destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

Así mesmo, Feijóo aproveitou a xuntanza para destacar igualmente a colaboración entre ambas administracións na loita contra a covid, coa entrega de material por parte da Xunta como: máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais.
 

Imaxes relacionadas