Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Segundo as últimas medicións, o lume rexistrado en dous focos na parroquia de Randín afectou 0,5 hectáreas de monte raso
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, e que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés xa está extinguido.
O lume orixinouse onte ás 19,30 h. da tarde e quedou extinguido ás 23,00 h. Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 0,5 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 1 axente, 3 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.