Activo un incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afecta o parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Segundo as primeiras medicións, o lume rexistrado en dous focos na parroquia de Randín leva afectadas 0,2 hectáreas de superficie

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O lume orixinouse ás 19,30 h. desta tarde e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 0,2 hectáreas. No seu control traballan 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural