Extinguido o incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 40 hectáreas, das cales 30 foron de monte raso e 10 arboradas

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2021

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras, xa está extinguido.

O lume orixinouse ás 05,50 h. desta madrugada e quedou extinguido ás 15,11 h. Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 40 hectáreas, das cales 10 foron arboradas e 30 de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento:
C. do Medio Rural