Activo un incendio forestal no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras
Segundo as primeiras medicións, o lume afecta a máis de 20 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello coruñés de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras.
O lume orixinouse ás 05,50 h. desta madrugada e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control traballan 4 axentes, 5 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.