A Xunta adxudica as obras de mellora da rede de abastecemento no núcleo de Guimarás, no Concello de Esgos
Os traballos foron adxudicados por un importe de 48.000 euros e terán un prazo de execución de 3 meses
As obras prevén a execución dunha nova rede mediante a instalación de tubaxe e a colocación de elementos como válvulas, pozos e ventosas
A Xunta presta apoio técnico e financeiro aos concellos para que desenvolvan de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar as obras de mellora da rede de abastecemento no núcleo Guimarás, no concello de Esgos.
Os traballos foron adxudicados á empresa Cíes Atlántico, S.L.U. por un importe de 48.000 euros.
As actuacións disporán dun prazo de execución de tres meses.
As obras previstas prevén a execución dunha nova rede mediante a instalación de tubaxe, así como a colocación de elementos da rede necesarios, tales como válvulas, pozos e ventosas.
A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para axudalos a desenvolver de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento