Política Social pon en valor o traballo da entidade Ecos do Sur, á que destina máis de 750.000 euros
2021-03-16
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Marzo/semana-03/20210316 DXIS Ecos do Sur 4.jpg
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, puxo en valor o traballo Ecos do Sur a prol da integración social, laboral e cultural das persoas en risco de exclusión. Foi durante unha reunión realizada por videoconferencia co novo director desta entidade, Javier Crespán.
O Goberno galego destinou máis de 750.000 euros a esta entidade para a atención de necesidades básicas, mediación social e intercultural ou programas de conciliación e voluntariado. Arturo Parrado deulle a benvida ao novo director e invitouno a seguir traballando xuntos en poñer en marcha medidas que axuden a facer de Galicia unha Comunidade máis integradora.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade