A Xunta cartografará case 100.000 hectáreas dos nove concellos que iniciarán a redacción do seu Plan básico municipal

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar os contratos de servizo, por un importe de case 200.000 euros, para obter esta base cartográfica

Os concellos dos que se elaborará este material gráfico son Alfoz, Samos, Guntín, Viana do Bolo, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea e Dozón
 

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia os traballos para cartografar case 100.000 hectáreas de superficie dos seguintes nove concellos que inician a redacción do seu Plan Básico Municipal.

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez acaba de asinar dous contratos de servizo polos que se adxudican estes traballos, por un importe total de 200.000 euros.

Grazas aos mesmos, poderase obter unha base de datos cartográfica actualizada da superficie dos concellos de Alfoz, Samos, Guntín, Viana do Bolo, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea e Dozón, que son as seguintes nove entidades locais que iniciarán a redacción do seu PBM.

Na seguinte táboa indícanse as superficies de cada concello:

 

Provincia
CONCELLO
Hectáreas (Ha)
 
Lugo
Alfoz
7.747
Guntín
15.470
Samos
13.673
 
 
 
Ourense

Viana do Bolo

27.036
Beariz
5.593
Lobeira
6.884
Punxín
1.707

San Cristovo de Cea

9.438
Pontevedra
Dozón
7.405
 
 
94.953

 

Un Plan Básico Municipal é unha ferramenta de planeamento, recollida na Lei do solo e pensada para os concellos de menos de 5.000 habitantes, co fin de que dispoñan dun instrumento importante co que ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica, que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística.

Na actualidade, son 18 concellos os que se atopan tramitando -en distintas fases- este instrumento de ordenación, para o que toman como base e referente o do Páramo, redactado pola Xunta e o primeiro PBM aprobado inicialmente; unha fase que tamén acadaron os municipios de Triacastela, San Xoán de Río e Cartelle, o máis recente.

Así mesmo, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Padrenda e Porqueira xa superaron a tramitación ambiental do plan básico e avanzan cara a aprobación inicial; aos que se suman Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón, que empezan pola obtención da cartografía.

Grazas aos plans básicos, estes concellos contarán cunha ordenación básica, que estará vixente ata que xurdan iniciativas ou razóns determinantes dunha maior complexidade urbanística que aconsellen a formulación dun plan xeral de ordenación municipal polo respectivo municipio.
 

Imaxes relacionadas