Preto de 15.000 persoas entre 50 e 55 anos recibiron hoxe a vacina da covid

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou as sete áreas sanitarias para supervisar as vacinacións e agradecer o traballo dos equipos de todo o persoal involucrado, tanto enfermería, como informáticos, policías locais ou voluntarios de Protección Civil

Esta xornada foi a primeira vacinación masiva en toda Galicia contra a covid-19, logo do piloto do xoves en Santiago
 

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2021

Un total de 14.734 persoas recibiron hoxe a vacina da covid-19, na que foi a primeira xornada de vacinación masiva na nosa comunidade e que tivo lugar simultáneamente nas sete áreas sanitarias de Galicia. Arredor de 19.000 persoas, con idades entre os 50 e os 55 anos, foron convocadas por SMS para acudir ao longo do día a recibir a primeira dose da vacina.


Finalizada a xornada, estes son os datos:

 
ÁREA SANITARIA
 
EMPRAZAMENTO
PERSOAS
CONVOCADAS
HOXE
PERSOAS VACINADAS
PERSOAS
NON VACINADAS*
% VACINADOS
 

A Coruña e Cee

Ifeco
3.700
2.899
34
78,35%

H. Virxe da Xunqueira Cee

300
246
53
82%
 

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

HULA
1.700
1.363
14
80,18 %

Hospital da Mariña

500
397
2
79,4%

H. Monforte de Lemos

300
221
36
73,67%

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Expourense
1.700
1.305
16
76,76%

Hospital de Verín

200
149
50
74,5%

Hospital de Valdeorras

250
197
54
78,80%
 
Pontevedra

Pazo da Cultura

1.700
1.276
419
75,06%

Fexdega, en Vilagarcía

500
400
100
80%
Vigo
IFEVI
4.401
3.284
94
74,64%
 

Santiago de Compostela e Barbanza

Cidade da Cultura
2.000
1.648
22
82,46%
H. da Barbanza
400
322
6
80,5%
Ferrol
FIMO
1.300
1.027
6
79%
TOTAL
GALICIA
 
 
 
 
 

* As persoas non vacinadas corresponden a contraindicacións maioritariamente


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou durante a xornada as sete áreas sanitarias para supervisar as vacinacións e agradecer o traballo dos equipos de todo o persoal involucrado, tanto enfermería, como informáticos, policías locais ou voluntarios de Protección Civil.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade