O delegado reuniuse coa directora de Repsol para falar dos proxectos industriais de futuro na refinería

A Coruña, 13 de marzo de 2021

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse con Natalia Barreiro, directora da Refinería Repsol da Coruña dentro dos encontros institucionais que leva a cabo o representante do Goberno autonómico cos representantes do sector empresarial e económico da provincia.

Natalia Barreiro trasladoulle os aspectos máis destacados da actividade da refinería e os seus próximos proxectos industriais de futuro. A refinería invertiu nos últimos dous anos máis de 130 millóns de euros en mantemento, innovación e medio ambiente e actualmente está levando a cabo o traslado do tráfico de crudo ao porto exterior cun orzamento de 126 millóns de euros. O delegado da Xunta destacou a importancia da colaboración público-privada e o seu efecto tractor na economía e no emprego da Coruña
 

Imaxes relacionadas