O director do IET mantivo un encontro de traballo con once alcaldes das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal

O Instituto de Estudos do Territorio anima aos concellos a implicarse para lograr os obxectivos das novas Directrices da Paisaxe de Galicia

As Somozas (A Coruña), 12 de marzo de 2021

O director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, animou hoxe aos concellos de As Somozas, Mañón, Ortigueira, Cerdido, Moeche, Valdoviño, Cariño, San Sadurniño, Cedeira, As Pontes e A Capela, a implicarse na aplicación das Directrices da Paisaxe de Galicia, para acadar os obxectivos desta nova ferramenta de protección e conservación das paisaxes de Galicia.

Á reunión foron convocados estes once concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal para explicar polo miúdo o contido das primeiras Directrices da Paisaxe coas que conta a Comunidade galega. Sinalou que están pensadas como unha ferramenta de protección, xestión e conservación da paisaxe, coa que Galicia afianza a súa actual posición entre as comunidades máis avanzadas en materia paisaxística.

O director do IET deu valor a este tipo de encontros porque é moi importante que se coñeza o seu alcance, por canto recolle normas e directrices que deberán integrarse na totalidade de iniciativas que se promovan no territorio galego. En definitiva, búscase compatibilizar a protección e mellora da paisaxe co desenvolvemento económico de Galicia.

Imaxes relacionadas