O ciclo de exposición 'Retratos: Familia e Infancia' inaugura unha nova mostra centrada na plataforma de organización de infancia

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

A Xunta inaugurou unha nova mostra dentro do ciclo de exposicións Retratos: Familia e Infancia centrada na Plataforma de Organización de Infancia de Galicia (POIG). O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do presidente da entidade, Xesús Vilas, visitou a mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano.

O director xeral puxo en valor o traballo que realiza esta plataforma na protección e promoción dos dereitos dos nenos e adolescentes. “Un labor imprescindible para salvagardar un dereito tan fundamental como é o dunha infancia feliz”, apuntou. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia está integrada por 20 asociacións.

Imaxes relacionadas