Sanidade comeza a vacinación masiva das persoas entre 50 e 55 anos

Onte levouse a cabo na Cidade da Cultura de Santiago o piloto con 1.000 persoas convocadas. Mañá, a vacinación deste colectivo estenderase a toda Galicia, ata chegar aos 20.000 vacinados

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2021

A Consellería de Sanidade comezou onte vacinación das persoas entre 50 e 55 anos, cun plan piloto na Cidade da Cultura de Santiago con 1.000 persoas convocadas. Para mañá está prevista a vacinación doutras 19.000 persoas, nos seguintes emprazamentos:

 

ÁREA SANITARIA

EMPRAZAMENTO
 HORARIO
PERSOAS CONVOCADAS
 
A Coruña e Cee
Ifeco
9.00 a 21.00 h
3.700
H. Virxe da Xunqueira Cee
9.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.00 h
300
 
Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
HULA
8.30 a 19.00 h
1.700
Hospital da Mariña
9.00 a 15.00 h
500
H. Monforte de Lemos
9.00 a 15.00 h
300

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Expourense
9.00 a 21.00 h
1.700
Hospital de Verín
9.00 a 15.00 h
200
Hospital de Valdeorras
9.00 a 15.00 h
250
 
Pontevedra
Pazo da Cultura
8.30 a 14.30 h
1.700
Fexdega, en Vilagarcía
8.30 a 14.30 h
500
Vigo
IFEVI
8.00 a 22.00 h
4.400
 

Santiago de Compostela e Barbanza

Cidade da Cultura
9.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 h
2.000
H. da Barbanza
8.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.30 h
400
Ferrol
FIMO
9.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 h
1.300

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. de Sanidade