Galicia pagou as súas facturas en 21 días no ano 2020, seis días por debaixo do conxunto das comunidades autónomas

O período medio de pago da Comunidade galega tamén é case cinco días inferior ao rexistrado en decembro de 2019

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Galicia pagou as súas facturas en 21,40 días no ano 2020, case seis días por debaixo da media do conxunto das comunidades autónomas que foi de 26,96 días, segundo os datos oficiais do mes de decembro publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.

Ademais, o período medio de pago da Comunidade galega foi inferior en 4,8 días ao rexistrado en decembro de 2019 (26,17); e situouse 8,6 días por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no 0,47%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 4.380 millóns de euros, dos que 275 millóns –o 6,3%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continuaba, a finais de 2020, entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Decembro 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia
7,21
 
Castilla y León
26,11
Extremadura
14,52
MEDIA CCAA
26,96
Cantabria
17,44
Madrid
28,09
La Rioja
18,14
Navarra*
28,11
Andalucía
19,41

Castilla- La Mancha

29,03
Galicia
21,40
Baleares
31,31
Canarias
22,93
Asturias
33,02
C. Valenciana
23,81
Aragón
37,32
País Vasco*
24,49
Cataluña
38,17

Imaxes relacionadas