Asinada a venta dunha parcela de 16.000 m2 na central de transportes de San Cibrao das Viñas

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

O Instituto Galego da Vivenda e Solo vén de asinar as escrituras de venta dunha parcela de 16.000 m2 na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas.

Trátase dunha adxudicación directa da parcela número D1 do Centro de Transportes e Terminal Intermodal de Ourense, na fase 1ª a unha empresa do sector da construción que construirá unha nave para servizos loxísticos.

A parcela foi adquirida por un importe de 447.884,13 euros, despois de aplicarlle unha bonificación dun 50% sobre o prezo actual, 895.768,25 euros, do custe da parcela.