Un total de catro empresas presentan ofertas para executar as obras da reforma integral da UCI do CHUS

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Un total de catro empresas veñen de presentar ofertas para executar as obras da reforma integral da UCI do Hospital Clínico Universitario de Santiago, nas que a Xunta de Galicia ten previsto investir 1,2 millóns de euros.

A pandemia orixinada polo covid puxo de manifesto novas necesidades, relativas á mellora das condicións de traballo do persoal sanitario da UCI. Isto, xunto a outros aspectos relevantes como a humanización, fai necesaria a reforma da UCI.

A solución proposta é transformar a UCI do Hospital Clínico nunha UCI con cubículos pechados. Esta acción permitirá mellores condicións de traballo para os profesionais que alí desenvolven o seu traballo.
 

Imaxes relacionadas