Gabriel Alén deu lectura á declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller, 8 de marzo de 2021
2021-03-08
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Marzo/semana-02/080321 Lectura Comunicado Dia Internacional da Muller.jpg
Ourense, 08 de marzo de 2021
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado de traballadores e traballadoras da Administración autonómica, deu lectura, á declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller, 8 de marzo de 2021, na que o Goberno galego quere reiterar un ano máis o seu firme compromiso na visibilización da muller en todas as esferas da sociedade así como recoñecer o seu liderado e contribución para acadar un mundo máis igualitario.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes