A Delegación Territorial da Xunta en Vigo celebra o Día Internacional da Muller

Vigo, 8 de marzo de 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, leu hoxe ás portas da sede autonómica na cidade a declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do 8-M, Día Internacional da Muller. O fixo arroupada por unha importante representación das mulleres que forman parte do cadro de persoal da Delegación e da inspectora xefa da UPA-Vigo, Sheila González, quen tivo a oportunidade de compartir a súa experiencia persoal e laboral.

“Unha experiencia, a de Sheila e a de tantas outras mulleres que coma ela forman parte común dunha historia compartida; a de tantas avoas, a das nosas nais e fillas que loitamos por facer deste mundo un lugar sinxelamente mellor: máis xusto e máis igualitario”, subliñou Fernández-Tapias. “Xuntas, sumando legado tras legado, percorremos grande parte dun camiño ao que aínda lle quedan quilómetros”, dixo, para engadir que “depende de nós, dos homes e mulleres libres que creemos nun mundo mellor e, por tanto, más igualitario, seguir
construíndoo xuntos parar terminar de percorrelo”.

Imaxes relacionadas