A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 231 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 121 dispositivos con 556 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2021

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 121 dispositivos en 50 concellos galegos nos que foron tramitadas 231 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 556 persoas identificadas.

Entre o 5 e o 7 de marzo, os axentes realizaron na provincia da Coruña 39 dispositivos nos concellos de Ames, Arteixo, Arzúa, A Baña, Boiro, Boqueixón, Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Santiago de Compostela, Teo e Touro, cun total de 121 denuncias e 157 identificacións.

Na provincia de Lugo tramitáronse 28 denuncias e identificáronse 123 persoas en 20 dispositivos levados a cabo nos concellos de Castroverde, O Corgo, Cospeito, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, A Pastoriza, Pol e Xermade.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 34 dispositivos que deron como resultado un total de 84 identificacións e 34 denuncias en Allariz, O Carballiño, Cartelle, Castrelo do Miño, Cortegada, A Merca, Nogueira de Ramuín, Ourense, Ribadavia, Toén e Vilamarín.

E na provincia de Pontevedra, nos 28 dispositivos realizados en Barro, Catoira, Covelo, A Illa de Arousa, Meaño, Mondariz, Poio, Pontevedra, Portas, Redondela, Ribadumia, Vigo e Vilaboa rexistráronse 48 denuncias e identificouse a 192 persoas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.
 

Imaxes relacionadas