A Xunta convoca os exames ordinarios e extraordinarios de 2021 para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas

As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán de iate e patrón de motos náuticas A e B

Para a convocatoria ordinaria de maio as persoas interesadas poderán inscribirse do 5 ao 16 de abril, ambos incluídos, e para a de setembro o período de matrícula é do 12 ao 23 de xullo, ambos incluídos

A inscrición nas convocatorias extraordinarias está aberta desde o pasado venres ata o 16 de marzo, incluído, para a convocatoria de abril, do 31 de maio ao 11 de xuño na de xullo e do 25 de outubro ao 8 de novembro na de decembro
 

Imaxes relacionadas