Ethel Vázquez avanza que este verán se materializarán as bonificacións ás familias numerosas nas autoestradas da Xunta e urxe a aplicación inmediata de descontos nas peaxes da AP-9

Ethel Vázquez salienta que a Xunta estuda varias opcións para que as 27.000 familias numerosas de Galicia teñan descontos nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor, sendo a Comunidade pioneira na aplicación desta medida

A operativa dos descontos fai preciso desenvolver un sistema lector de dispositivos de telepeaxe asociados ás matrículas dos vehículos, sendo necesario instalar 62 cámaras e o sofware de recoñecemento das mesmas

Subliña que a proposta da Xunta de bonificacións para a AP-9 recolle unha redución de tarifas para as familias numerosas do 60% en todas as viaxes

Lamenta a falla de resposta do Goberno de España, a quen urxe a convocatoria da Comisión conxunta sobre a AP-9 para abordar a aplicación dos descontos
 

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade avanzou hoxe que este verán se materializarán as bonificacións ás familias numerosas nas autoestradas de titularidade da Xunta e urxe tamén á aplicación inmediata de descontos nas peaxes da AP-9.

Así llo trasladou esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao presidente e vicepresidente da Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN), Luis Sánchez González e José Manuel Trigo, respectivamente, no encontro que mantivo para abordar as bonificacións para este colectivo, tanto nas autoestradas da Xunta como na AP-9, de titularidade estatal. Na reunión tamén estiveron presentes o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.

Ethel Vázquez lembrou que as autoestradas de titularidade autonómica, a autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57), son unhas das máis baratas de España. Lembrou que a comezos de ano as autoestradas autonómicas rexistraron unha baixada do prezo das peaxes en varios treitos, 5 céntimos, manténdose estable no resto, como consecuencia da evolución do IPC. Ademais a Xunta vén aplicando descontos nas tarifas, tanto para os usuarios frecuentes como bonificacións en horario nocturno.

Nesa liña, a conselleira explicou que a Xunta está a traballar en varias posibilidades para que tamén as 27.000 familias numerosas existentes en Galicia dispoñan de bonificacións nas peaxes das autoestradas da Xunta. O obxectivo é ter implantadas esas bonificacións neste mesmo verán. A medida está recollida xa na Lei de Impulso Demográfico que se acaba de aprobar e sitúa a Galicia como pioneira na aplicación destes descontos.

Ethel Vázquez explicou que para a aplicación operativa destas bonificacións, tecnicamente máis complicada que as que están actualmente en vigor nas autoestradas da Xunta, é preciso desenvolver e implantar un sistema de lector de dispositivos de telepeaxe asociados ás matrículas dos vehículos.

Vincularase cada familia numerosa ao dispositivo telepeaxe e ao vehículo que corresponda, para a aplicación da bonificación. Isto significa que, tendo en conta as entradas e saídas existentes na AG-55 e da AG-57 será precisa a instalación de 62 cámaras e o sofware necesario para a lectura e recoñecemento da matrícula.

No encontro de hoxe abordouse tamén a proposta de bonificacións elaborada desde a Xunta para garantir que as bonificacións da AP-9 anunciadas polo Goberno de España, que seguen sen materializarse, se traduzan en descontos útiles e xustos para os galegos, e non en beneficios para a concesionaria.

Ethel Vázquez indicou que a proposta elaborada desde a Xunta deseñouse pensando nos usuarios habituais da autoestrada, nos transportistas e tamén nas familias.

Na súa proposta de bonificacións das peaxes da autoestrada estatal, a Xunta tivo en conta ás familias numerosas, propoñendo descontos do 60% en todas as viaxes, para axudar á economía das familias.

A titular de Infraestruturas lamentou non ter contestación por parte do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana á proposta trasladada polo Goberno galego o pasado día 20 de febreiro.

Nesta liña, urxiu e reclamou ao Goberno de España que convoque a comisión conxunta sobre a AP-9, para abordar estas bonificacións e para que se apliquen canto antes xa que, segundo remarcou, cada semana que pasa

Imaxes relacionadas