Sanidade decreta a apertura da área sanitaria de Ferrol, permanecendo pechadas as da Coruña e Pontevedra

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, abrir o peche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

O concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo.

As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.

Imaxes relacionadas