O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa de Petín e o alcalde do Barco de Valdeorras

Ourense, 01 de marzo de 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nesta ocasión, desprazouse á comarca de Valdeorras para reunirse coa alcaldesa do concello de Petín, Raquel María Bautista, e co alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García. En ámbolos dous encontros analizou cos rexedores as principais demandas destes municipios en relación á Administración autonómica.

No caso do municipio de Petín, os principais asuntos que repasaron foron en materia social e turística.

En canto ao concello do Barco, Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar asuntos de promoción do emprego así coma en materia de medio rural.

Ámbolos dous rexedores coincidiron no apio á candidatura presentada ao Goberno de España de fondos europeos do Plan de Recuperación para levar a cabo o acondicionamento da estrada autonómica OU -533 ente A Gudiña e a Rúa.

Imaxes relacionadas