As axudas da PAC para agricultores e gandeiros ascenderon o ano pasado a máis de 26,7M€ e beneficiaron a 3.905 explotacións na área de Santiago

O delegado da Xunta na Coruña destacou que estas axudas son as máis importantes para as comarcas rurais de Galicia, tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido

A Xunta xa convocou a nova orde deste ano 2021, e que se eleva aos 205 millóns de euros, dos cales 170 millóns correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 35 millóns de euros coas medidas de desenvolvemento rural

Santa Comba (A Coruña), A Coruña, 26 de febreiro de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou en Santa Comba a Gandeiría Domínguez Porteiro, dedicada ao vacún de leite, unha das beneficiadas polas axudas da PAC no período 2012-2020.

O representante do Goberno autonómico destacou que “para as zonas rurais, estas axudas son as máis importantes tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido, e son básicas na aposta da Xunta por fomentar a competitividade da agricultura galega, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento”.

Trenor informou que tan só na área Santiago as axudas da PAC -orde que inclúe tanto os pagos directos á agricultura e á gandeiría como as axudas ligadas ao desenvolvemento rural, chegaron- en 2020, a máis de 3.900 agricultores e gandeiros, cun investimento de arredor de 26,7 millóns de euros.

A nivel provincial, 8.355 agricultores e gandeiros da Coruña percibiron máis de 53 millóns de euros desta orde con dúas liñas de axudas.

As axudas da PAC están vinculadas á superficie destinada a cultivos proteicos para a alimentación animal ou á produción de legumes de calidade. Tamén se destinan axudas ás explotacións que manteñan vacas nutrices, vacún de cebo ou vacún de leite, así como ás de ovino e caprino.

Esta liña de axudas tamén ten en conta os cultivos en zonas de montaña e outras zonas con limitacións naturais para a actividade agraria, así como as explotacións de animais de razas autóctonas en perigo de extinción, a apicultura como medio de conservación da diversidade, a xestión sustentable de pastos, a extensificación de vacún de leite e a produción de agricultura ecolóxica.

Cómpre sinalar que estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), son de gran interese para o sector primario, xa que contribúen a reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana. Deste xeito, perseguen compensar aos agricultores e gandeiros pola súa prestación de servizos esenciais, co obxectivo de que poidan competir con outros países ao tempo que atenden ás esixencias específicas dos consumidores e consumidoras europeos.

Nova convocatoria

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 29 de xaneiro a nova orde da Consellería do Medio Rural das axudas da PAC para este ano. Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar a solicitude única ata o 30 de abril, accedendo directamente cun certificado dixital á aplicación informática SGA ou acudindo ás distintas entidades colaboradoras.

O orzamento previsto para esta convocatoria elévase aos 205 millóns de euros, dos cales 170 millóns correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 35 millóns de euros coas medidas de desenvolvemento rural (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas).

Prevese que uns 26.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas que potencian aos agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.

Nesta campaña, cabe resaltar novidades como que os interesados poderán descargar diferentes aplicacións electrónicas para informarse sobre as axudas da PAC, consultar as súas solicitudes, facer alegacións e mesmo realizar fotografías xeorreferenciadas cando sexa necesario para completar algún dos procesos precisos para a concesión das achegas.

A maiores, continúa a implantación do sistema de control coñecido como monitorización que será obrigatorio na nova PAC e que consiste en utilizar as novas tecnoloxías e as imaxes de satélites para realizar un seguimento continuo de todas as superficies declaradas no 100% das solicitudes, co obxectivo de determinar se existe actividade agraria. Así, nesta campaña o Fogga estenderá a monitorización a 24 concellos máis de toda Galicia. Na provincia da Coruña, afecta aos de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso