O Sergas publica as puntuacións provisionais do proceso de actualización de listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario

Xeráronse un total de 32.687 inscricións

A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 10.108 inscricións
 

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de admitidos/excluidos coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de: celador, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, técnico en farmacia, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico superior en dietética e nutrición, técnico superior en documentación sanitaria, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, e técnico superior en radioterapia.

Xeráronse un total de 32.687 inscricións. A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 10.108 inscricións.

As listas atópanse publicadas, a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Próximas publicacións

Proximamente publicaranse as listas definitivas do proceso de actualización das seguintes categorías: enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrón/a), enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.

Así mesmo, publicaranse as puntuacións provisionais do primeiro proceso de xeración de listas pola quenda de discapacidade intelectual, na categoría de celador.

Imaxes relacionadas