Arias confía en que o colectivo de maiores de 80 anos da provincia de Lugo estea vacinado en maio

Lugo, 25 de febreiro de 2021

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou esta mañá o centro de saúde de Fingoi (Lugo), un dos puntos nos que o Sergas está a vacinar fronte á Covid-19 ao colectivo de persoas maiores de 80 anos. Arias lembrou que se está a citar a máis de 800 personas maiores ao día, en turnos de mañá e tarde, e que esta cifra podería aumentar a vindeira semana, dependendo da cantidade de vacinas das que se dispoña. “Agardamos que os prazos se poidan cumplir e que no mes de maio estea vacinado este grupo de idade, que en Lugo supón unhas 40.000 persoas”, indicou.

Arias tamén destacou que paralelamente estase a vacinar ao profesorado da provincia, que empezou a recibir nestes días as primeiras doses. O Sergas está a citar aos profesionais por orde alfabética e non por centros, para que o proceso interfira o mínimo na atención educativa. A Xunta ten previsto que a administración da primeira das doses remate a finais do mes de marzo. O delegado incidiu no importante traballo que están a desenvolver os profesionais sanitarios e puxo de relevo o seu esforzo e dedicación.

Imaxes relacionadas