O 061 de Galicia asistiu a 17 persoas por 14 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 19 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 21 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 22 de febreiro de 2021

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 17 persoas debido a 14 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 19 de febreiro, ata as 23,59 horas do domingo, 21 de febreiro. Os días que rexistraron máis incidentes foron o sábado e o domingo con cinco sinistros de tráfico ambos os dous.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 21 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 14 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 17 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 71% e do 29% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 47% dos atendidos tiña entre 20 e 44 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a máis sinistros rexistrou con sete accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

6
Lugo
1
Ourense
0
Pontevedra
7
Galicia
14

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 19. As ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 16 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación destas ambulancias, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, nunha ocasión atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.